Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Manuel Suárez

O voto exterior: contaminados ou roubados?

20:00 19/01/2009

Chega un momento no que moitos dos que levamos décadas no mundo da emigración e dos seus problemas sentimos que os esforzos case que non conseguiron nada. Enténdase, por favor, que son optimista e que non renego dos meus anos de activa militancia identitaria en Montevideo. Sei que non foron enerxías estragadas ou como dicimos por alá “al pedo” pero cando vexo que repetiremos cita electoral sen garantías para os votantes do exterior entón síntome doído ao mesmo tempo que me sobe a temperatura. Nunha palabra…estou farto.

Os intereses puntuais de dous partidos políticos detiveron e frearon unha necesaria reforma da lei electoral. E que había que modificar? Pois algo tan sinxelo coma que os cidadáns no exterior votasen coas mesmas garantías que os do interior. Se hai acordo unánime da sociedade en que é de xustiza que sendo fillos da mesma nai teñamos os memos dereitos haberá que preguntarse a causa que xustifica o adiamento da reforma. Coincidimos todos en que houbo tempo de abondo para a tramitación lexislativa da lei e tamén para os debates previos sobre o voto en urna e as circunscricións electorais. Se non se fixo a reforma foi porque ningún dos dous grandes partidos españois o impulsou no seu momento. Eles son os únicos responsables.

O realmente triste nesta actitude compartida polas dúas forzas políticas maioritarias é a comprobación de que non existe razón ningunha que sustente ideolóxicamente unha tese anti-reformista. Non houbo propostas porque detrás estaba agochado o interese. E de que estou a falar? Pois de que cando goberna “A” quería sumar o maior número posible dos votos do exterior. Home…diredes que é normal porque todos queremos sumar. Ben, de acordo, pero as sumas pódense facer de moitas maneiras. Unha forma é por adhesión a un candidato ou liña de pensamento e a outra é por obrigación ou agradecemento [pagamento de favores mediante o voto]. A primeira suma é ética e a segunda é inmoral.

Esténdome un pouco máis antes de pasar á unha conversa que tivo lugar recentemente na coñecida pizzería montevideana “Subte” porque quizais non quede claro que non todos os votos son limpos e sans. Dentro dos votos lixados hai dúas clases: contaminados e roubados. Os primeiros son aqueles nos que o cidadán vota a quen quere pero é sempre ao partido que goberna e os segundos son os que se recollen nos domicilios particulares por medio dos axentes electorais. Ningún deles é limpo pero digamos que a contaminación pode considerarse unha falta pero o roubo é un delicto. Vexo tamén unha atenuante porque quen contamina non é quen vota senón quen inflúe mediante propaganda institucional para que se lle agradeza unha pensión asistencial coma se fose un favor. Os roubados polos axentes electorais xa entran no campo da indecencia e da inmoralidade. Agora ben, non existirían irregularidades se os partidos políticos non pagasen por voto recollido. Tampouco hai que confundir a ilegal figura do axente electoral coa do rapaz ou rapaza que vai recoller un sobre a cambio duns cartiños.

--- O axente electoral:

¿Vos sabés algo de las elecciones gayegas? Quiero decir si tenés conocidos o sos descendiente. Mirá, el laburito es fácil, no tiene complicaciones, pero mejor tener algo de idea. Sobre todo de geografía porque los “gaita” son muy suyos ¿me entendés?

--- O mensaxeiro:
No… la verdad que no lo entiendo. Me dijeron si tenía un ciclomotor para hacer de mensajero recogiendo sobres de gente del barrio que vota en las elecciones de Galicia. Unos mangos siempre vienen bien. Tengo poca idea de la geografía de acá así que imagináte de la de allá…

--- Bueno…bien…vamos a arreglar para que te lleves tus buenos dólares. Metéte en el mate que Galicia está dividida en cuatro provincias y que vos agarrás todos los sobres que te den y me los traes. Yo soy el que después los calsifico. No tenés que ir al correo pero le decís a todos que sos un mensajero especial y que contigo el voto está bien seguro.

--- De acuerdo. Voy por las casas y agarro los sobres y se los traigo. Apunto el nombre de cada uno de los votantes en una libreta para que después usted me pague. Así llevamos bien las cuentas.

--- No, no es así. No tenés que apuntar nada. Vos no conocés a nadie y no se te ocurra hablar de política. Lo tuyo es un servicio para que los votantes no tengan que ir al correo. Por las cuentas no te preocupés que no se me va a escapar nada. Recibirás diez dólares por sobre.

---Bueno, ta bien. Menos laburo si no tengo que apuntar. El tema es cuando comienzo y las zonas que me tocan y si tengo un límite de recogida de sobres. Ahorro nafta si tengo marcado un itinerario concreto.

---Tenés que ponerte en marcha a finales de mes para visitar unas familias de cerca de tu casa. Tu zona va desde el Obelisco todo por la avenida Italia hasta la calle Comercio. Si te movés bien te podés hacer con una buena guita en poco más de 15 días. Hacé números: si me traes 100 sobres son 1000 dólares. Los gayegos tienen presupuesto bastante. Les sobra la guita. Fijáte que gastan en mensajeros para que la gente no tenga que desplazarse. Esos son países adelantados, che, acá si querés votar tenés que ir a donde te toque y hacer cola. Nosotros todavía estamos muy atrasados.

4,52/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Manuel Suárez

Manuel Suárez Suárez naceu en 1953 en Vimianzo (Terra de Soneira). Con só cinco anos emigrou coa súa nai a Montevideo, onde se licenciou en Dereito. No Uruguai participou activamente na vida asociativa galega e dirixiu a publicación trimestral Guieiro. Tamén publicou o libro "Memorias Riopratenses" (2003). »



Anteriores...