Que é o RSS?
O RSS é un formato especial para os datos en internet que permite acceder a eles sen necesidade de entrar na súa web de orixe.
Para isto necesitamos un tipo de programa chamado "lector". A través desta aplicación podemos subscribirnos por exemplo á semente RSS de Vieiros. Os "lectores" funcionan de xeito moi similar aos programas de correo electrónico, de xeito que periodicamente ou cando nós o decidamos, podemos descargar a última información elaborada por todas e cada unha das webs subscritas.
Todas as informacións publicadas en Vieiros poden ser consultadas por un lector de RSS. Aquí che amosamos as posibilidades. Podes subscribirte a todo Vieiros, ou ben facelo só a algunhas seccións.
Podes subscribir o RSS de Vieiros ao completo
Se cadra só che interesan algunhas seccións. Velaquí o RSS de cada un dos nosos canais:
-Máis Alá
-Galego.org
-Fwwwrando
-GZ-Deportiva
-Canal Verde
-Tempos Novos
-Lusofonía
-Irimia
-Cartafol