Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Para que te vexan na rede galega

Vieiros é o espazo de referencia da internet galega. A súa traxectoria construíu unha ampla e fiel audiencia, composta por galegos e por emigrantes que seguen tendo unha conexión co país tamén a través da Rede. A posición de liderado nas audiencias galegas de internet vén recollida nas principais, pero escasas, sondaxes fiábeis que se teñen feito. A Enquisa Xeral de Medios - AIMC, por exemplo, situaba Vieiros entre as tres webs galegas máis importantes.

Por iso é tan beneficioso anunciarse en Vieiros, pois ao volume da audiencia súmalle un perfil de lector moito máis definido ca o doutros medios de comunicación: nivel socioeconómico, hábitos de consumo, nivel cultural...

Para anunciarse en Vieiros existen distintos formatos e opcións. Un plan de publicidade pode recoller a frecuencia de aparición dos espazos, o tamaño dos báneres así como as páxinas concretas en que se mostren os anuncios: na portada, nos canais e edicións locais, no Buscador... Ademais, existe a posibilidade de patrocinar liñas de contido específico de Vieiros, especialmente recomendado para campañas de imaxe ou de reforzo.

Consulta as tarifas e o plan da campaña co noso departamento de publicidade, no teléfono 981 57 21 59 ou no enderezo de correo electrónico publicidade@vieiros.com.