Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A peza gañadora do Apologhit 2010

Este verán: Tola atrás de ti!

  En apertada votación, o xurado elixe o tema de Sés. No podio tamén: 'Amorío no estío', 'Galician Punchi Ghaiteira' e 'A marajota'.

Redacción - 09:45 23/07/2010
Tags:

  A máis difícil decisión do verán musical quedou resolta finalmente. Ao xurado formado por Xil Ríos, Ugía Pedreira, Uxío Broullón e Roxelio García tocoulle o desafio e logo de peneiraren con calma a ecléctica lista de pezas recibidas, velaquí a elección:

En primeiro lugar, o ghit do verán, no máis alto do podio, o tema 'Tola atrás de ti', de Sés.

A calidade das propostas leva tamén a un lugar destacado as seguintes pezas:

'Amorío no Estío', de A amiga fea

'Galician Punchi Jaiteira', de Compañía do Ruído

'A marajota', de O tren da unha show

E se lles presta, atrás das catro pezas máis votadas, contámoslles tamén do particular Top10 deste Apologhit 2010, que completarían:

'Quimbumbia', dos Ulträqäns

'Gladiador', dos Trabalhadores do Comercio

'Zombies no Gaiás', de Galegoz

'Mais non', de Paris Joel

'G-g-A-a-L-EGO', de El Puto Coke

'Ana de Palacio', de Metralletas lecheras

A gañadora, Sés: 'Tola atrás de ti'
Logo do seu exitoso camiño con Chámalle Xis!, que xa participou no A Polo Ghit, María Xosé Silvar volve aos escenarios en Sés, coa súa impoñente voz e rodeada dunha banda cun son big-band americano e unha formación profesional únicos na escena musical galega: sección de metais (dous saxos e trompeta), tres coristas, teclado... Canto a 'Tola atrás de ti', non é unha nin moito menos unha quentura, un atrevemento fresco, directo e vacilón dunha moza que anda tola por mocear. E todo cun son de blues e soul que estoura ao final do tema, coa intervención estelar das coristas.

Sés é unha banda de 11 músicos liderada por María Xosé Silvar, ex cantante de Chámalle Xis!. Entre os músicos que completan Sés hai grandísimos profesionais, como Tito Calviño na guitarra, Miguel Queixas á batería, David Paz no saxofón (responsable, ademais, dos arranxos e a produción musical de Sés), Jose Rodríguez no saxo, Moncho Ces á trompeta, Christian Leggiero no teclado e Aixa Romay, Lucía Souto e Carla Álvarez nos coros.



Tola atrás de ti

Ando tola atrás de ti / Ando tola atrás de ti / Se ti vas eu veño / Non podo seguir así.
Sinto un grande malestar / Sinto un grande malestar / Faime caso meu ou vasme matar.
E cando queiras vir a verme ou vir bailar / non perdas tempo e venme buscar / collerei algo de abrigo e alí estarei /
non quero disimular, xa sabes rei / que ando tola atrás de ti.
Durmo cun ollo a medio abrir / durmo cun ollo a medio abrir / non descanso rei /vivo pensando en ti.
É que ando tola atrás de ti / Ando tola atrás de ti / se ti vas eu veño / non quero seguir así



O xurado
Recordámosvos que a peneira dos 31 temas correspondeulle a un xurado encabezado, como padriño, polo compositor e cantante Xil Ríos. O gran Xil, auténtica referencia da música galega, fixo espazo na súa axenda e entre ocupacións persoais e profesionais sacará tempo para expresar a súa opinión sobre o que pode e debe ser o ghit do verán 2010. Recordámosvos que anda agora mesmo en plena presentación do seu novo disco: Son da Alma.

E velaí outro nome de referencia, ademais de padriño, tivemos madriña para o ghit do verán. Ugía Pedreira, integrante entre outros do proxecto Marful. Do seu compromiso da música do país hai múltiples mostras, entre moitas salientábeis, o seu traballo como fundadora do Conservatorio Folque

Temos ademais o pracer de contar tamén para este xurado con outros dous auténticos expertos no eido musical. Dunha banda, axudará na procura da canción deste verán Roxelio García, o creador do espazo web Festa a festa, o guieiro de referencia sobre a actualidade das orquestras e verbenas do país.

E o cuarto integrante, outra referencia destacada no seguimento da actualidade musical: Uxío Broullón. Alén do seu perfil como ilustrador, viñetista e deseñador, o Uxío ten sido colaborador radiofónico de varios espazos musicais. Na súa calidade de experto coñecedor e divulgador das músicas baixo licenza creative commons, mantén na rede un falangullo de referencia: o programa Cmmons baby!

Todas as pezas na web de A Polo Ghit 2010


4,75/5 (24 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: