Vieiros

A polo ghit 10

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 09
votos
Tola atrás de ti

Tola atrás de ti

por  Sés
Descargar 0 Votos Enviar
Logo do seu exitoso camiño con Chámalle Xis!, María Xosé Silvar volve aos escenarios en Sés, coa súa impoñente voz e rodeada dunha banda cun son big-band americano e unha formación profesional únicos na escea musical galega: sección de metais (dous saxos e trompeta), tres coristas, teclado... Canto a 'Tola atrás de ti', non é unha nin moito menos unha declaración de amor, senón máis ben unha declaración de intencións, unha quentura, un atrevemento fresco, directo e vacilón dunha moza que anda tola por mocear. E todo cun son de blues e soul que estoura ao final do tema, coa intervención estelar das coristas.

Sés é unha banda de 11 músicos liderada por María Xosé Silvar, ex cantante de Chámalle Xis!. Entre os músicos que completan Sés hai grandísimos profesionais, como Tito Calviño na guitarra, Miguel Queixas á batería, David Paz no saxofón (responsable, ademais, dos arranxos e a produción musical de Sés), Jose Rodríguez no saxo, Moncho Ces á trompeta, Christian Leggiero no teclado e Aixa Romay, Lucía Souto e Carla Álvarez nos coros.

Letras

Ando tola atrás de ti / Ando tola atrás de ti / Se ti vas eu veño /
Non podo seguir así. Sinto un grande malestar / Sinto un grande malestar /
Faime caso meu ou vasme matar. E cando queiras vir a verme ou vir bailar /
non perdas tempo e venme buscar / collerei algo de abrigo e alí estarei /
non quero disimular, xa sabes rei / que ando tola atrás de ti. Durmo cun
ollo a medio abrir / durmo cun ollo a medio abrir / non descanso rei /vivo
pensando en ti. É que ando tola atrás de ti / Ando tola atrás de ti / se ti
vas eu veño / non quero seguir así

 Comentario(s)

Franl
Franl - 05/06/2010 08:30

Parabéns, María, Tito, Miguel, David, José, Moncho, Christian, Aixa, Lucía e Carla. Magnífico tema. moita sorte.

xanocebreiro
xanocebreiro - 13/06/2010 07:26

Moita calidade nesta peza dunha intérprete/formación que nos está a impresionar. Moitos parabéns, Sés!

pergolastrum
pergolastrum - 16/06/2010 12:34

alghen por ahí????????????

pergolastrum
pergolastrum - 17/06/2010 12:45

alghen por ahí???????????? eo!!!! vexo votos pero non devotos. ECO eco eco eco...!!!!!

subela
subela - 18/06/2010 07:37

Coa mellor canción xa merecedes unha semana o primeiro posto. Veña a votar!!!!

ManoloCazolo
ManoloCazolo - 24/06/2010 12:35

Encantoume.

teddynha
teddynha - 05/07/2010 08:51

¿Por qué non me aparece o botón de votar?

xoca
xoca - 23/07/2010 06:59

Moito bem, escoiteina con moito prazer

albarellense
albarellense - 21/08/2010 04:57

o mellor, sen dúbida