A catedrática Aurora Marco presentou o Dicionario de Mulleres Galegas. Actuaron a cantante Carmen Dor e o guitarrista Xoán Curiel.
A exposición fotográfica realizada polo equipo do programa radiofónico 'As Quimbambas' durante a súa estadía no mes de febreiro no Sáhara poderá verse no Casino compostelán ao longo das próximas semanas. As Quimbambas no Sáhara reúne trinta fotografías tomadas pola locutora Amelia García e o técnico de son Xesús Silva.
Khaled Jarrar é un fotógrafo palestino que ven de exhibir unha das súas exposicións fotográficas no checkpoint de Nablus. Esta exposición describe en 40 fotos (de 30 x 45 cm) a vida baixo a ocupación israelí e o Muro. As fotos foron colgadas na barreira metálica ao longo da cal deben circular aqueles que desexen entrar en Nablus. Poderemos vela en Compostela, na Fundación Araguaney, do 2 ao 12 de maio.
O sábado 5 de maio, ás 19:00, deron comezo dúas marchas, en Pontevedra e Marín, que avanzaron até Lourizán para manifestárense contra a permanencia do complexo industrial Ence Elnosa na Ría de Pontevedra.
O 1º de maio, Día Mundial do Traballo, houbo diversas manifestacións en Compostela: a máis multitudinaria, a da CIG, partiu da Praza Roxa, ás 12:30, e rematou no Toural. Mentres, CCOO e UGT tiñan unha concentración en Praterías, e a CNT un mítin na Sala Yago.
O sismo provocou o derrubamento de numerosos edificios, entre estes hospitais e colexios, na provincia de Sichuan, a terceira máis poboada do país.
Manifestación desde o peirao ferrolán o domingo 3 de xuño de 2007. Fotos: Alberto Saavedra e Teresa Rodríguez.
Seleccionamos para ti algunhas das mellores imaxes que nos deu o Festival de Ortigueira deste ano. Bo ambiente, boa música e, se cadra, menos público que en anteriores edicións.
Actividade realizada en Bos Aires. Fotos de Enrique F. Widmann-Miguel - IberInfo (www.iberinfo.com.ar)
Unhas 5.500 persoas achegáronse o domingo 11 de marzo a Balaídos para unha festa antes do partido entre Celta e Athlétic de Bilbao.