Participación de Galiza na manifestación estatal contra os tranxénicos. En Zaragoza o 18 de abril de 2009. (As imaxes foron fornecidas polo Sindicato Labrego Galego)
Máis de 15 mil persoas xuntáronse en Compostela o domingo 18 de xaneiro de 2009, para reclamar o cesamento dos ataques de Israel sobre a Faixa de Gaza, en solidariedade co pobo palestino. A Quintana estaba chea. Dirante as case dúas horas que durou a mobilización, oíronse os berros de "Alto á agresión!", "Viva o pobo palestino!" e "Viva Palestina!".
Moncho Iglesias envíanos as seguintes imaxes, tomadas por un xornalista local durante os tres primeiros días do ataque israelí sobre Gaza, e que llas cedeu para a súa difusión.
A compostelana Praza do Obradoiro foi o escenario do acto de celebración da toma de posesión do novo presidente galego. Acompañado de milleiros de persoas, comprometeuse a defender un galeguismo como "punto de encontro" entre todos os galegos, louvou ao ex-presidenet Manuel Fraga e auto-definiuse como un galego máis.
Nesta imaxes apréciase a profundidade dos alicerces do edificio que se constrúe na primeira parcela, e como foron aparecendo, moi por riba, os restos do xacemento galaico-romano. Isto evidencia que a primeira incursión das pas retroescavadoras esbandallou unha parte importante do castro.
Escolma da fin de semana futboleira en Riazor e Pasarón.
Un ano máis, militancia e simpatizantes do nacionalismo protagonizaron unha multitudinaria manifestación nas rúas de Compostela.
Imaxes dunha das manifestacións que percorreron o 8 de marzo de 2009 as rúas das sete cidades galegas. Estas corresponden á mobilización convocada en Vigo pola Marcha Mundial das Mulleres, que percorreu a Rúa das Camelias, até chegar á praza 8 de Marzo, na que se deu lectura ao manifesto.
Despois dos actos da mañá, houbo unha pequena festa que as tripulacións celebraron nas cubertas dos barcos. Non faltaba de nada, mesmo unha estampa da Virxe do Carme, neste o seu día.