O noso país é convidado de honra na Festa Marítima Internacional de Brest, o maior e máis prestixioso evento do patrimonio cultural mariñeiro. Alí, Galiza estreitou vencello con outras culturas mariñeiras do mundo.
Durante máis de mil días liderou o pobo de Chile polo camiño cara ao socialismo, até que un 11-S o fascismo fundiu as arelas de moitos. Este 26 de xuño celébrase o centenario do seu nacemento.
Evolución de Vieiros ao longo destes once anos de historia.
A exposició xunta textos de María Reimóndez e fotos de Paco Vila Barros sobre a experiencia de Implicadas no Desenvolvemento na India logo da tsunami.
Un recoñecemento ao valor natural e patrimonial de Cabo Fisterra. A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, recolle o galardón europeo no acto celebrado en Yuste.
O alumnado da USC escenificou unha lapidación na compostelá Praza do Obradoiro, para protestar contra esta práctica criminal.
Este ano convocouse por primeira vez este certame co lema "Rompando os tópicos. Familia e afectividade". Organizábao a Federación de Asociacións de lesbianas, gais, bisexuais e transexuais (lgbt) de Galiza con motivo do día do Orgullo,coa colaboración do Centro Quérote e coa produción da Concellaría de Cultura e da Dirección xeral de Xuventude e Solidariedade. Aquí vemos os resultados, unha mostra que poderemos ver na Casa da Xuventude, en Compostela, do 28 de xuño ao 28 de xullo.
A libraría Couceiro estrea local na praza compostelá de Cervantes. Catro plantas albergan libro galego portugués, libro antigo e libros de arte, ademais doutras actividades relacionadas como obradoiros de encadernación, presentacións de libros... Foi inaugurada este luns 23 de xullo.
Unha mostra retrospectiva recolle o mellor deste artista compostelán, dende o 26 de setembro até o 9 de decembro.
Exposición organizada na Alameda compostelá por Fundación La Caixa, coa colaboración do Concello de Santiago, para sensibilizar acerca da violencia.