Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
III Ciclo de Músicas Portuarias

Franca Masu, sensibilidade sarda trae aires mediterráneos á porta atlántica

Oportunidade única en Ferrol para escoitar a artista alcuñada como a "Dulce Pontes sarda" ou "Maria del Mar Bonet algueresa".

Redacción - 11:00 17/07/2010

O prestixio acumulado por Franca Masu valeulle entre outros ser consagrada pola crítica como "Gran dama do Mediterráneo". Entregados á maxia refinada de sons, palabras e acenos que fan deste espectáculo unha emocionante e profunda experiencia, Franca Masu estará acompañada por un cuarteto de grandes músicos que ambientarán o escenario á beira da riqueza dos seus matices vocais.

Nada en Alghero en 1962 dunha familia de artistas, Masu é de formación autodidacta no plano musical e debutou no escenario en 1990 cunha banda de jazz. A cantante sarda lidera agora con Claudio Sanna e Càlic o rexurdimento da canción en idioma catalán en Alghero cun estilo de músicas do mundo que bebe principalmente do jazz, o fado e o tango.

A súa mestura musical entre a canción popular de Alghero, o jazz, o fado poderemos vela este sábado 17 de xullo ás 22 h na clausura do III Ciclo de Músicas Portuarias, no Teatro Jofre, en Ferrol.



A peza anterior, 'Lo nassaiolo', que aquí nos achega a artista nunha versión en directo, segundo relata a propia Franca Masu, é unha canción popular algueresa co que acostuma rematar os concertos que fala "da fatiga do traballo do pescador (Lo nassaiolo é un pescador particular, que pesca lagostas coas chamadas nassas)"


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: