A formación aceptou o convite a se sumar ao acordo independentista asinado o pasado 20 de xuño, mais sen "limitación" dos temas a tratar.
Patxi Zabaleta
O coordinador de Aralar, Patxi Zabaleta, comunicou esta cuarta feira a Batasuna e Eusko Alkartasuna (EA) que acepta manter con eles "conversacións oficiais", mais advertiu de que non debe haber "limitación" dos temas a tratar.
Nunha entrevista concedida a Radio Euskadi, Zabaleta sinalou que sería "unha aberración e un retroceso" que non se lle deixase a Batasuna presentarse ás eleccións se actúa por vías políticas.
O movemento de Aralar chega unha semana após o convite das dúas formacións, que o pasado 20 de xuño asinaron un acordo independentista de carácter estratéxico en Bilbo.