Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RECORTES EN FOMENTO

Blanco reitera que o TAV chegará a Galiza en 2015 pero cancela obras nas estradas

A autovía A-56, que vertebraría o interior das provincias de Lugo e Ourense, terá que levarse a cabo nun futuro con colaboración “público-privada”.

Redacción - 12:53 22/07/2010

A preguntas do BNG, o ministro de Fomento, Xosé Blanco, reiterou o seu compromiso de ter rematadas a finais de 2015 todas as obras que permitan a chegada do Tren de Alta Velocidade (TAV) a Galiza. Blanco asegurou isto nunha comparecencia parlamentaria na que anunciou numerosas cancelacións de obras en todo o estado, algunhas das cales afectan directamente ao noso país.

A infraestrutura máis afectada será a autovía A-56 (que uniría as cidades de Lugo e Ourense e vertebraría así boa parte do interior do país). En principio, quedan suspendidos os tramos San Martiño-Barreña Norte e o San Martiño-Enlace A Barrela Norte. As obras terían que reconducirse no futuro por un sistema de colaboración “público-privada”, xa que Fomento alega que non ten fondos para levalas a cabo.

Blanco recoñeceu a existencia de problemas de mobilidade na AP-9 e que son precisas obras na circunvalación de Compostela e na Ponte de Rande. Así, comprometeuse a contratar estas actuación nun prazos máximo de nove meses.

O ministro sinala que, despois de Andalucía e Cataluña, Galiza é a comunidade do Estado Español onde Fomento está a manter o maior esforzo de investimento a pesar do plan de axuste.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: