Vieiros

Vieiros de meu Perfil


XXVIII DÍA DA MUIÑEIRA DA A.C. XACARANDAINA

A Asociación Cultural Xacarandaina celebra a XXVIII Día da muiñeira no entorno da Torre de Hércules o vindeiro sábado día 26 de xuño.

Enviada por Patri_Uzal Patri_Uzal o 23/06/2010 14:02
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

A Asociación Cultural Xacarandaina celebra, con carácter de exhibición, o Día da Muiñeira, sendo esta a súa vixésimo oitava edición. Este ano coincidindo co 1º Aniversario da  Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, a celebración deste acto celebrarase no entorno da Torre. O obxectivo deste día é exaltar a danza máis representativa e característica do noso país, a muiñeira, así como implicar na mesma ao grande público asistente, fomentando, divulgando e conservando o baile e a música tradicional galega. Nas últimas edicións arredor de 800 persoas gozaron con nós deste día: asociacións folclóricas, culturais, de veciños etc.

O acto dará comezo ás 18:00 da tarde cun desfile de todos os grupos participantes no entorno da Torre de Hércules para acceder, a continuación, ao recinto onde terá lugar a actuación conxunta de todos os grupos asistentes, preto da estatua de Breogán. Como inicio de festa realizarase unha solta de globos arredor da Torre e bombas de palenque. Mencionar tamén que este ano será Mª Xosé Bravo, concelleira de Cultura do Concello da Coruña, a encargada de realizar o pregón previo á interpretación das tres muiñeiras.


3,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: