O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se es usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.
Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu ao pé da túa casa. E tamén achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.
A túa noticia: como funciona?
O sistema é moi simple. Antes de nada: debes ser usuario rexistrado en Vieiros, ter un "Vieiros de meu". Para introducir a túa noticia, o primeiro paso é premer "Enviar unha nova". Aí entras nun editor moi sinxelo onde verás tres caixas: Título, Entradiña e Texto. Na parte de arriba de cada unha delas tes unhas ferramentas para poñer negriñas, cursivas, subliñados ou poñer links. Abaixo tamén están as correspondentes caixas a través das cales adxuntar fotografías ou documentos. En canto teñas o texto listo, preme o botón "Enviar". Na portada do Open Vieiros verás dúas columnas. Á dereita as informacións segundo van chegando ao editor. Á esquerda, as que van pasando a portada. A redacción de Vieiros encárgase de actualizala varias veces ao día.