Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Gala Final de 'Revelando Voces': Jamila Purofilin + Liridade Noctámbula

Teatro Principal -  Santiago de Compostela
25 . 06 .2010 - 25 . 06 .2010 
horario: 21.00 h. 

Enviada por Punal Punal o 22/06/2010 11:03

A Gala final do IV programa 'Revelando Voces', unha inciativa da Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela e Centros socioculturais celebrarase o 25 de xuño as 21 horas no Teatro Principal e contará coa participación dos grupos Jamila Purofilin e Liridade Noctámbula. A entrada é de balde previa recollida do billete nos centros socioculturais: José Saramago de Vite, CSC Aurelio Aguirre de Conxo, CSC do Castiñeiriño, o Ensanche, CSC da Trisca e CSC das Fontiñas.

Jamila Purofilin é a voz de Purofilin, xunto con Alejandro Luzardo na guitarra e arranxos e Santiago Blanco nas percusións. Contan con dez anos de carreira musical e máis de cincocentos concertos realizados, entre os que destacan: Festigal 2008, Voces en Femení 2006, 53º Festival Internacional de Música e Danza de Granada 2004, a xira Artistas en Ruta 2002 ou Festival dos Abrazos 2009, entre outros. Purofilin é o resultado da procura dun estilo apropiado para expresar unha época e un universo persoal. A conexión entre Cuba e O Río da Prata achega un matiz diferente a todo este imaxinario conformado por temas interpretados en clave de jazz latino.

Liridade Noctámbula nace en Granada no 2006 da man de Ramón Rey iniciándose cun traballo de cinco cortes, un proxecto de estudo baixo o nome de Fin do primeiro acto. Despois regresa a Compostela para abordar novas
composicións. Liridade é música de autor acompañada por amigos de diferentes cidades do mundo; Río de Xaneiro, Cádiz, Valencia, Madrid, Barcelona… No ano 2009 gaña o concurso Música Xove'09 na vertente música de autor e chega a formar parte da programación das festas da Ascensión e o Apóstolo, abrindo os concertos de bandas como Los Delinquentes e Lamatumbá. Actualmente a banda conta con sete membros. A súa música podería etiquetarse dentro da fusión de samba, bossa, reggae, flamenco... 


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Ciclo 'Revelando Voces': Jamila Purofilin + Liridade Noctámbula