Vieiros

Vieiros de meu Perfil


X Foliada e Romaría do Lecer da A.C. Xacarandaina

A X Foliada e Romaría do Lecer que todos os anos ven organizando a Asociación Cultural Xacarandaina se celebrará na Coruña os vindeiros sábado e domingo días 19 e 20 de xuño no Parque de Sta. Margarida.

Enviada por Patri_Uzal Patri_Uzal o 16/06/2010 10:31
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

     O sábado día 19 de xuño realizarase, como anticipo á Romaría, unha festa coa que se pretende recuperar outra tradición galega moi popular: a Foliada, festa nocturna de carácter tradicional na que a xente se reunía para cantar, bailar e divertirse. Como todos estes anos contamos coa presenza de grupos folclóricos de toda Galicia: O Fiadeiro de Vigo, Azougue de Betanzos, Pandereteiras da Pontragha de Tordoia, Magúa da Coruña, Traspés de Vigo, Iar da Coruña, Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela... acompañando no escenario ao Grupo de Música Tradicional Xacarandaina.
    
     O domingo 20 de xuño realizarase a tradicional Romaría do Lecer que dará comezo ás 11,30 horas e finalizará sobre as 20,30 horas. O programa inclúe a actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido durante o curso enriba do escenario. Contaremos tamén coa actuación do grupo de baile "Les Ayalgues d´Ayer" de Cabañaquinta (Asturias) que realizarán unha exhibición do baile tradicional de Asturias. Están programadas tamén actividades paralelas pensadas para todas as idades: aulas abertas de folclore (para todos os que o desexen), obradoiros para rapaces, contacontos, ginkana... Poderase aprender a xogar á billarda ou á chave ou observar unha demostración das palilleiras da Asociación.  Para os máis pequenos cóntase con inchables e xogos populares, onde varios monitores ensinarán a xogar aos máis novos, diversión garantida! E, para ofrecer a posibilidade ao público de gozar durante todo o día desta Romaría, contarase con bochinche, pulpeira, churrasco e rosquillas e lambonadas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: