Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Cancélase o evento "Irmandinhos 2010"

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Cancélase o evento "Irmandinhos 2010"

Cancélase o evento "Irmandinhos 2010"

A noticia chega desde o grupo de facebook e fala da cancelación definitiva da que sería a cuarta edición da maior partida de rol en vivo do mundo, ambientada na Galiza do século XV.

Enviada por nanook nanook o 16/06/2010 01:09

Este acontecemento era un dos xogos en vivo con maior número de participantes a nivel mundial, conseguindo o record Guinness a tal mérito, cunha loxística alabada polos mesmos rapaces que acudían ao castelo de Monterrei e deseñada coa axuda da Xunta nas edicións previas de 2006,2007 e 2008.
Con participantes procedentes de todo o estado a cifra cercana aos 1000  pretendia aumentarse abríndose a interesados de toda Europa.
O xogo recreaba a Segunda Revolta Irmandiña. Os xogadores pertencían inicialmente a dous bandos e recrearon a loita que libraron señores e campesiñado no 1467.
O apoio institucional ás actividades do rol no país parece rematar e con el unha etapa insólita nas relacións entre este colectivo e os organos de goberno. Voces de pedagogos, historiadores e socilogos veñen reclamanando a dignificación do rol, considerado pola prensa amarela como unha actividade perxudicial, argumentando o fomento da lectura, as relacións sociais, desenvolvemento da imaxinación, o interese pola historia e mellora da expresión oral.

http://www.facebook.com/#!/group.php?gid=82589297955&ref=ts


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cancélase o evento "Irmandinhos 2010"