http://marcosdaportela.blogspot.com/2010/06/entrevista-gonzalo-castro-para-aclarar.html
En vista da polémica que está a rebrotar na rede polo asunto de Carrumeiro Media SL, pensamos que o mellor é ofrecerlle unha entrevista a Gonzalo Castro na que poda botar luz sobre os puntos oscuros deste asunto, para deixar as cousas aclaradas. A entrevista é a que sigue, e xa lle foi enviada. Agardamos a resposta.
Cando estalou publicamente o asunto de Carrumeiro Media SL vostede declarou a La Voz de Galicia, no 13 de xuño do 2009 que: "Estas acusacións son rotundamente falsas, xa que eu non teñon acción algunha nin participación en ningunha empresa que contrate coa Administración pública". Pero máis abaixo sentenciou máis rotundamente: "non teño nada que ver con esa suposta empresa".1. Mantén hoxe esta última declaración de que "non teño nada que ver con esa suposta empresa" (por Carrumeiro Media)?2. Non é certo que foi conselleiro da mesta até o 20 de xullo de 2009? É dicir, até un mes despois de dicir en La Voz que "non teño nada que ver con esa suposta empresa"?Vostede defendeuse dicindo que no 13 de abril de 2007 xa se desvinculara da empresa (desa "suposta empresa" coa que "non ten nada que ver"), e que o pode acreditar por unha escritura ente notario. Como é altamente sospeitoso que se desvincule da empresa en abril de 2007, pero até xullo de 2009 isto non apareza reflectido no rexistro mercantil publicado no BOE, vostede alegou: "O feito de que por parte dos administradores da empresa non se rexistrase a escritura no rexistro de propiedade até moito despois é unha anomalía en absoluto imputábel á miña vontade, xa que desde a data reseñada eu non formaba parte da citada empresa". Como xa lle dixemos, sería bo que nos achegase a citada escritura para poder publicala e testemuñar así a súa veracidade; simplemente ten que ocultar o nome de terceiros que aparezan nela.3. Como é que os seus compañeiros de militancia e de Carrumeiro comenteron esa "anomalía", deixar sen rexistrar a súa baixa da empresa durante 2 anos, cando a súa ética estaba en xogo? Pensa denunciar o caso?4. Non podería ser que asinase esa escritura no 2007 para cubrirse as costas ante unha eventual polémica, e mantivo o documento na "neveira", sen facelo oficial, até que o escándalo se fai público e entón cesa/dimite oficialmente como podemos observar no BOE?Segundo a información publicada por El País (12/06/200), seus compañeiros da UPG, X.M. Bazarra, Alberte Ansede e Alberte Soto, deixaron os seus postos de Carrumeiro Media a finais de outobro de 2006, dous meses antes de que comezasen as adxudicacións a Carrumeiro. Entre tanto, vostede entrou como conselleiro de Carrumeiro Media SL o 15 de novembro de 2006. Cando no Nadal de 2006 comezan as adxudicacións de consellarías do BNG á empresa Carrumeiro (cuxa actividade, por palabas de Ansede, até o momento fora "absolutamente ningunha, cero") vostede era conselleiro da mesma. O primeiro encargo, con vostede de conselleiro, foi de Vicepresidencia, 168.000 euros pola "produción, promoción e desenvolvemento" dun concerto para celebrar o Día Internacional do Voluntariado.5. É falsa esta información publicada por El País?6. En caso de que sexa falsa, por que non denunciaron ou exixiron rectificación?7. En caso de que sexa verdadeira, temos o seguinte. Vostede dixo en La Voz (13/06/2009) que "Estas acusacións son rotundamente falsas, xa que eu non teño acción algunha nin participación en ningunha empresa que contrate coa Administración pública". En caso de que sexa certo o que di vostede que no 13 de abril de 2007 se desprendeu das súas accións de Carrumeiro, aínda así, o encargo do Nadal de 2006, produciríase estando vostede na empresa. É dicir, a súa declaración a La Voz que citamos anteriormente sería falsa, xa que sí tería accións nunha empresa que contrata coa Administración.Simplemente queremos brindarlle a oportunidade de esclarecer este asunto. Máxima transparencia é a mellor defensa contra este tipo de polémicas; esta leva xa moitos meses no país e sigue sen ficar claro. Dámoslle a posibilidade de responder a esta entrevista.Evidentemente non temos nada contra a súa persoa, pero si contra estas prácticas. Como dixemos xa, non cuestionamos a legalidade do asunto, pero si a súa moralidade.