A páxina web do Día E está sendo saboteada. Verdade ou non, iso é o que aseguran a o portal en internet da iniciativa do Instituto Cervantes e máis dun diario de difusión nacional.
O pasado 11 de maio a páxina web www.eldiae.es comezaba a súa travesía pola rede con motivo da nova edición do Día do Español. Nela, brindábaselle á poboación a posibilidade de votar a palabra da lingua de Cervantes que máis lle agradara por uns motivos ou polos outros. O termo máis votado sería o homenaxeado no Día E cunha serie de actos programados aos que asistiría ademáis a familia real. Sen embargo, o proxecto que ten como obxectivo conmemorar o valor da lingua española como vehículo de comunicación a nivel internacional, parece estar dando algún que outro problema á Real Academia Española. Isto débese a que dende que se deu o pistoletazo de saída ás votacións un novo movemento daba os seus primeiros pasos. As redes sociais eran o berce desta “contrainiciativa” que promovía a votación masiva da palabra “República”, feito que non foi prato de bo gusto para máis de un.
Neste mundo onde a democracia brilla pola súa ausencia xa se fala de sabotaxe pero quizáis este sexa o inicio dun novo debate social. Teremos que agardar até o próximo sábado para averiguar ser veremos aos membros da familia real falar de República ou se pola contra a dura man da censura aguillotinará os desexos de parte da poboación. Se en Galiza leváramos a cabo o noso propio Día do Galego ou Día G que palabras serían privadas de sair elixidas? Non fai falta ter moitas luces para saber que bilingüe non sería unha delas.