Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Test superado

Caixa Breogán e o Pastor pasan as probas de resistencia

No documento oficial distribuído polo CEBS refírense á nova entidade resultante da fusión de Caixa Galicia e Caixanova como ‘Caixa Breogán’.

Redacción - 20:55 23/07/2010
Tags:

O sector financeiro galego, tanto o Banco Pastor como a nova caixa fusionada, vén de superar os tests de resistencia que acaba de publicar hoxe o Committee of European Banking Supervisors (CEBS), entidade asesora da Comisión Europea. O máis sorprendente é que no documento oficial distribuído polo CEBS refírense á nova entidade galega como ‘Caixa Breogán’.

Había temor no sector financeiro galego, pero os resultados foron positivos. Iso si, houbo paos importantes para varias caixas españolas: a fusión liderada por Caixa Catalunya; a de Caja Duero e Caja España; a Banca Cívica (integración de Caja Navarra, Caja Canarias e Caja Burgos); a outra fusión catalana chamada Unimm; e Cajasur.

‘Caixa Breogán’, a denominación utilizada polo propio CEBS (Aquí o informe onde se menciona /.pdf), sae ben parada do informe, ao igual que o Banco Pastor, cuxo presidente, José María Arias, destacou a solvencia da súa entidade e subliñou nun comunicado que “aínda no peor dos escenarios” o Pastor non necesitará capital nin fusións con outras entidades.

Ningún banco español foi reprendido nestas probas. As únicas entidades europeas que non superaron as probas son o alemán Hypo Real State e o grego ATEBank.


Ligazóns

4,14/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: