Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE

A morosidade nos créditos concedidos por bancos e caixas sobe aos niveis máis altos dos últimos 15 anos

O Banco de España afirma que en maio a taxa de préstamos sen pagar chegou ao 5,39%.

Redacción - 13:04 19/07/2010

O aumento do paro e a caída do consumo están a provocar que os impagos de créditos bancarios se disparen. O Banco de España publicou este luns que no mes de maio a taxa de morosidade de créditos concedidos por entidades financieiras foi a máis alta dos últimos 15 anos. Un 5,394% dos préstamos concedidos están en mora, é dicir, pasan a ser de moi difícil cobro porque os particulares ou empresas que os pediron levan tres ou máis meses de impago.

As caixas de aforro son as que máis se resinten neste apartado, xa que a súa mora media supera o 5,5%. En total hai, segundo o Banco de España, 95.291 millóns de euros en créditos de dubidoso cobro.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: