Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Acción cidadá en Vigo

"Saneamento eficaz si, macrodepuradora non"

'A Ría non se vende' convoca unha cadea humana en protesta por un proxecto que cualifican de "mal planificado" diante dunha necesidade urxente da ría viguesa.

Redacción - 11:15 17/07/2010

"De levarse a cabo este proxecto de macrodepuradora sería tirar cos cartos públicos nun proxecto inútil, e o desastre medio ambiental e económico para a nosa terra e o mar sería irreversíbel", agoiran desde a plataforma cidadá A Ría non se Vende.

Tal é a avaliación que fan da macrodepuradora proxectada na cidade, que definen de "aberrante proxecto faraónico". Para o colectivo, non só non sería efectiva "senón que amplificaría a problemática actual. Entre as críticas: non se contempla separar as augas residuais urbanas das augas das industrias que inutilizan o sistema de depuración, e das augas pluviais que colapsan os tanques. "As depuradoras están pensadas para depurar materia orgánica, os produtos químicos e disolventes das industrias paralízanas e inutilízanas totalmente", sinalan.

Por este motivo, e diante do que salientan que é unha necesidade urxente da Ría de Vigo nun escenario de "contaminación dramática", convocaron a cidadanía este sábado a unha cadea humana diante da actual depuradora de Coruxo (ás 19h).


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: