Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
BANDEIRA CONCELLO OLEIROS

Amegrove anima a Liga Galega de Traíñas

Os remeiros do Grove xa están a dous puntos do Samertolaméu despois da quinta proba da competición, que se disputou na praia de Santa Cristina.

Redacción - 11:00 12/07/2010
Amegrove xa está a dous puntos do líder da LGT, o Samertolaméu

Amegrove xa está a dous puntos do líder da LGT, o Samertolaméu

A embarcación de Amegrove impúxose na vixésima edición da Bandeira Concello de Oleiros, a quinta proba da Liga Galega de Traíñas, e sumou os 17 puntos en disputa. A praia coruñesa de Santa Cristina foi o escenario do trunfo dos grovenses que animaron así a competición, ao situárense a tan só dous puntos do líder: o Samertolaméu. Foi segundo o barco de Muros e terceiro o propio Samertolaméu, que se tivo que conformar co bronce despois da súa vitoria na xornada anterior, o sábado, na proba disputada en Cangas.

Mentres, na terceira quenda, a embarcación de Regatas Salgado-Perillo, que competía na casa, foi oitavo. Nesta mesma terceira quenda, a segunda posición foi para o Mecos e o terceiro foi Ares, con menos de dous segundos de vantaxe por diante do Perillo. Pechou a quenda a embarcación da Cabana.

Pola súa parte, o barco da Pobra alzouse claramente coa primeira praza, seguido de CR Rianxo a 15 segundos de distancia e a SD. As Xubias a 49 segundos. Finalmente, na segunda quenda, a Esteirana marcou un crono total de 20:41:36, impoñéndose con seguridade sobre o resto dos participantes, o Robaleira e o Coruxo, que entraron segundo e terceiro separados por pouco máis de catro segundos. Pechou a quenda o Vila de Cangas.

  • Ao remate desta quinta proba da Liga Galega de Traíñas, a clasificación queda como segue:
1º S.D. SAMERTOLAMEU 80 puntos
2º AMEGROVE-INTERRIAS C.R. 78 puntos
3º C.R. CHAPELA 75 puntos
4º MUROS - R.C. NÁUTICO DE VIGO 72 puntos
5º C.R. CABO DA CRUZ 67 puntos
6º C.R. MECOS 60 puntos
7º C.R. VILAXOAN 56 puntos
8º C.R. ARES 46 puntos
9º C. REGATAS SALGADO-PERILLO 42 puntos
10º C.R. A CABANA 40 puntos
11º C.R. ROBALEIRA 37 puntos
12º A.D. ESTEIRANA 33 puntos
13º C.R. CORUXO 27 puntos
14º C.R. VILA DE CANGAS 20 puntos
15º C.R. PUEBLA 16 puntos
16º S.D. AS XUBIAS 8 puntos
17º C.R. RIANXO 8 puntos


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: