Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN SURÁFRICA

España gaña o Mundial de Fútbol

Derrotou por 1-0 aos Países Baixos cun gol de Andrés Iniesta no minuto 116, a só catro do fin da prórroga.

Redacción - 00:00 12/07/2010
Todos os xogadores que marcaron goles para España neste Mundial xogan no FC Barcelona

Todos os xogadores que marcaron goles para España neste Mundial xogan no FC Barcelona

A selección española de fútbol proclamouse campioa do mundo por vez primeira na súa historia, despois de derrotar por 1-0 aos Países Baixos na final, disputada no Soccer City de Johannesburgo (Suráfrica).

Nun encontro moi intenso, no que ambas as dúas seleccións tiveron boas oportunidades para marcar, o xogador do F.C Barcelona, Andrés Iniesta apuntouse o tanto da vitoria. Foi na segunda parte da prórroga, no minuto 116, despois de recibir un pase na área de Cesc Fábregas, cando todo facía pensar nunha resolución na quenda de penaltis.


2,59/5 (27 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: