Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Brasil

A Policia Militar do Espírito Santo "acouga" a base de zen

Os axentes do corpo conviven co silencio nun mosteiro budista e fan actividades como meditación, tai chi, chuan, cerámica e ikebana.

Redacción - 13:45 07/06/2010
Un monxe shaolin

Un monxe shaolin

No Estado brasileiro do Espírito Santo estase a desenvolver un proxecto innovador que ten como obxectivo traballar as relacións persoais e o equilibrio emocional da Policia Militar. Lévase a cabo no Mosteiro budista Morro da Vargem, en Ibiraçu, a base de adestramento zen.

Os axentes conviven no templo co silencio e realizan actividades como meditación, tai chi chuan, cerámica e ikebana. Mais non é unha iniciativa exclusiva para as forzas de seguridade, segundo informa O Globo.

Tamén no Espírito Santo, mulleres de comunidades de baixa renda son capacitadas en mediación de conflitos e desempeñan un papel determinante na solución de problemas entre moradores. É o proxecto Mulheres da Paz, que ofrece unha bolsa-auxilio ás participantes, garantindo xeración de renda e axudando a mellorar a vida en comunidade.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: