Vieiros

Vieiros de meu Perfil


11:00 14/03/2007

É compatíbel ser alcalde e construtor?

Os alcaldes de Ourense e Arteixo ou o ex alcalde de Sanxenxo e agora candidato á alcaldía de Pontevedra, son exemplo de rexedores municipais que ao tempo teñen negocios no sector local da construción.

Ao respecto, o rexedor ourensán, Enrique Nóvoa, afirmaba recentemente que a presunta irregularidade pola que declarará no xulgado débese só a "unha obriña". Mentres, o arteixán Manuel Pose quitáballe importancia ao feito de darlle licenzas ás súas propias empresas, reflexionando que malia non ser "ética" a súa actuación, tampouco era "ilegal". Alén de varios alcaldes, concelleiros, mesmo da área de Urbanismo, foron actualidade noutros momentos por casos parecidos.

Cemento e política, combinación perigosa. Coñeces casos ao respecto? É compatíbel ser alcalde e construtor? Asina aquí as túas reflexións.

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: