Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Propiedade da Armada, mais pública

Chegan ao Congreso os "abusos despóticos" na piscina militar de Ferrol

O BNG censura que a dirección da instalación deportiva anuncie nun cartaz que a rúa número un fique reservada a almirantes, capitáns de navío e coroneis.

Redacción - 12:00 25/06/2010
Piscina de Batallóns

Piscina de Batallóns

O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, rexistrou este venres unha iniciativa en que denuncia "abusos autoritarios" na xestión da piscina situada no pavillón polideportivo de Batallóns, en Ferrol, propiedade da Armada mais aberta ao público en xeral.

Jorquera explica, a través dun comunicado, que cando a esta piscina acode algún mando militar "obrígase aos usuarios a deixar libre a rúa un" para que estes "naden sós, sen que ninguén os moleste", e mesmo se chega a "expulsar os nadadores que nese momento poidan estar nesa zona".

O deputado nacionalista censura que a dirección da piscina anuncie nun cartaz que a rúa un fique reservada a almirantes, capitáns de navío e coroneis; unha situación propia de "tempos pretéritos", entende.

O voceiro do BNG considera que "o esforzo por democratizar as Forzas Armadas debería chegar ao momento de eliminar este tipo de abusos que nada teñen que ver con condutas democráticas e propias dos tempos que vivimos".


4,89/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: